Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna de Galicia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Explicación por parte do docente dos contidos teóricos do temario ou dunha parte do mesmo, salientando para o resto as liñas básicas que permitirán o desenvolvemento das actividades dirixidas relacionadas cos mesmos.
Traballo tutelado Elaboración de traballos polo alumnado a partir de fontes bibliográficas, de xeito individual ou ben en grupo, que deberán ser expostos e debatidos na aula
Resolución de problemas Elaboración de traballos relacionados cos contidos do temario nas sesións maxistrais, entre os que se incluien a realización de distintos tipos de exercicios prácticos e resolución de problemas. Tamén algunas sesións de traballo con fontes da época moderna (no propio arquivo ou ben na aula).
Obradoiro Actividades encamiñadas ao traballo intensivo do alumnado co obxetivo de afondar nos contidos dun tema, aspecto ou asunto concreto do programa, debido a sua especial dificultade, intererese ou oportunidade. Implicará a lectura ou manexo de bibliografía específica. Dentro das mesmas inclúense dous seminarios programados.
Eventos científicos Horas reservadas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas polo Departamento de Historia, Arte e Xeografía ou ben pola Facultade de Historia.
Seminario Sesións encamiñadas a orientar e asesorar o alumnado sobre o estudo dos contidos, a realización de traballos e actividades dirixidas e a preparación das probas de avaliación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000