Titoría en grupo |
Sesións orientadas ao seguimento e orientación sobre o estudo de contidos, a preparación das actividades e probas de avaliación e a realización dos traballos en grupo. |
Traballo tutelado |
Traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado orientados ao achegamento aos instrumentos de recompilación de información e ás fontes propias da época contemporánea. Deberán estar asignados inexcusablemente antes do remate do primeiro mes do cuadrimestre. |
Seminario |
Traballo de aula individual ou en grupos informais a partir de materiais de diversa natureza co obxectivo de afondar nunha selección de contidos de especial dificultade ou relevancia introducidos ou non nas sesións maxistrais, por medio de relatorios ou conferencias, etc. |