Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Mentalidade, identidade e cambio social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición das liñas de interpretación e desenvolvemento dos temas que forman parte do
programa de contidos.
Obradoiro Actividades orientadas á resolución de exercicios prácticos na aula relacionados cos contidos
introducidos nas sesións maxistrais que inclúan a resolución de comentarios e composicións de
texto histórico, mapas históricos e análise e interpretación de materiais gráficos e dixitais.
Traballo tutelado Supervisión, dirección e resolución de problemas derivados da realización de traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado orientados ao achegamento aos
instrumentos de recompilación de información. Deberán estar asignados inexcusablemente antes
do remate do primeiro mes do cuadrimestre.
Seminario Discusión e resolución de problemas xurdidos na realización dos traballos prácticos e nas clases
maxistrais.
Resolución de problemas Sesións orientadas ao seguimento e orientación sobre o estudo dos contidos, a preparación das actividades e probas de avaliación e a realización dos traballos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000