Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia medieval de Galicia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado mediante a súa participación nas tarefas propostas na plataforma MooVi.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento da contorna próxima, local e rexional, e da súa Historia.
10 B1
C5
C19
D10
Traballo Avaliaranse os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos polo alumnado na realización e estructuración do traballo.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes e das interpretacións historiográficas.
40 A2
A4
A5
C23
D5
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento O alumnado examinarase dos seus coñecementos sobre os contidos teóricos da materia.
Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Coñecemento da contorna próxima, local e rexional, e da súa Historia.
Comparación da Historia e Historia da Arte de Galicia con procesos históricos similares no ámbito peninsular e europeo.
40 B1
C5
C12
C19
D10
Presentación Exposición dos resultados obtidos no traballo de curso, na que participarán tódolos integrantes do grupo, que serán cualificados de forma indivudual. Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes e das interpretacións historiográficas.
10 A2
A4
A5
C23
D5
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade
necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as
probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase
a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle
(MooVi,UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula.
Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi,da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e será cualificada cun cero calquera proba ou exame no que se"copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (DLE-RAE).

Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estadísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). 

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de “avaliación global deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo).

Aqueles alumnos/as que non poidan acollerse á avaliación continua (que esixe a entrega en tempo e formadas tarefas propostas), serán avaliados dos contidos da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará o 30% restante. O devandito traballo deberá estar asignado, como mínimo,un mes antes da realización do exame oficial e entregarase coincidindo coa data fixada polo Centro para a súa realización en cada convocatoria. En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción no mencionado art. 3.10); para superar a materia requírese obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba escrita (contidos teóricos e prácticos).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000