Guia docente 2017_18
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga do noroeste da Península Ibérica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias TODO O ALUMNADO: Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o
coñecemento previo do alumnado, así como a presentar a materia.
ALUMNADO PRESENCIAL: Actividades na aula
ALUMNADO SEMIPRESENCIAL: Actividades a través da plataforma FaiTic ou e-Meeting
Lección maxistral TODO O ALUMNADO: O material docente empregado na aula será subido con antelación á
plataforma de teledocencia, así como outros documentos con contidos teóricos que faciliten a
comprensión do temario impartido.
ALUMNADO PRESENCIAL: Exposición por parte do profesorado das claves fundamentais de cada un dos bloques temáticos.
Presentacións/exposicións TODO O ALUMNADO
A exposición do traballo individual terá 20 minutos de duración máxima.
Este traballo terá un seguimento constante por parte da docente quen marcará as pautas durante a súa elaboración. Moi importante a capacidade de sintese, expresión oral e soportes empregados.
ALUMNADO PRESENCIAL: Exposicións na aula
ALUMNADO SEMIPRESENCIAL: Exposicións a través da plataforma FaiTic ou e-Meeting
Traballo tutelado TODO O ALUMNADO:
Traballos realizados de xeito individual, orientados ao manexo de instrumentos de recompilación de información e de distintas fontes coas que se elabora a historia antiga. A asignación de traballos deberá quedar resolta no primeiro mes do cuadrimestre.
Eventos docentes y/o divulgativos TODO O ALUMNADO
Horas reservadas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia.
Seminario TODO O ALUMNADO: Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou completar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas.
ALUMNADO PRESENCIAL: Actividades na aula.
ALUMNADO SEMIPRESENCIAL: Actividades a través da plataforma FaiTic ou e-Meeting
Titoría en grupo
TODO O ALUMNADO:
Sesións orientadas ao seguimento e orientación sobre o estudo de contidos, preparación das
actividades e probas de avaliación e á aclaración das diversas dúbidas que vaian xurdindo sobre
aspectos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000