Guia docente 2018_19
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia das relixións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliación dos coñecementos adquiridos mediante unha proba ao final da impartición da asignatura, na que se incluirán preguntas de desenvolvemento, así como preguntas de resposta curta e un exercicio práctico. Para superar a materia será preciso acadar nesta proba unha cualificación de 5 puntos sobre 10. Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe: Avaliación do proceso de construción dalgúns elementos esenciais da evolución humana. Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e á súa contorna. Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes bibliográficas e das interpretacións historiográficas 40 B2
C23
D16
Traballo tutelado Entrega, exposición e defensa na aula do traballo tutelado, avaliándose os seus contidos, estructura, presentación, capacidade de síntese e análise crítica. Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas. Análise crítico das tradicións historiográficas sobre temas controvertidos ou de interese xeral. Compromiso coa ética e responsabilidade social como cidadán e profesional. 30 B5
C13
D7
D8
D10
Traballos de aula Presentación e entrega, conforme os criterios establecidos, dos materiais elaborados nas sesións prácticas. Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe: Compromiso coa ética e responsabilidade social como cidadán e profesional. 20 B5
C13
D7
D8
Autoavaliación Valoración do traballo autónomo do alumnado mediante a realización de cuestionarios sobre os contidos da materia a través de Moodle. Computaranse as respostas correctas. Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe: Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e á súa contorna 10 C13
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os/as estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe de nota. O seguimente individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).
Os/as estudantes deberán cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberán acudir ás probas que os/as docentes dispoñan como imprescindibles.
Todos/as os/as alumnos/as matriculados/as na materia teñen dereito a realizar un exame final, no que serán avaliados/as dos contidos do programa (artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Os/as alumnos/as que non se podan acoller á avaliación continua (que esixe a entrega en tempo e forma de todas as tarefas), serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita na que se incluirán preguntas de desenvolvemento, así como preguntas de resposta curta e un exercicio práctico, que suporá o 70% da súa cualificación final. O 30% restante será completado a través dun traballo obrigatorio sobre os contidos do programa da materia. O devandito traballo deberá estar asignado, como mínimo, un mes antes da realización do exame oficial e entregarase coincidindo coa data fixada para a realización do mesmo en cada convocatoria. En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción do mencionado art. 12), para superar a materia, requírese obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba escrita (contidos teóricos e prácticos).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000