Educational guide 2026_27
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Lingua clásica: Introdución á lingua e cultura latinas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Unha lista relativamente diversa de preguntas sobre as máis variadas cuestións, coa finalidade de comprobar que o alumno ten un coñecemento xeral da materia

Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento básico dunha lingua clásica e capacitación para a selección, uso e tratamento de textos e datos históricos da época clásica nun contextos interdisciplinar.
30 A3
A5
B4
B6
C15
C16
D5
D11
D16
Exame de preguntas de desenvolvemento O alumno deberá desenrolar dúas propostas de entre varias que se lle propoñan. Estas propostas non se limitarán a un tema específico do temario, senón que nelas se deberán integrar materiais procedentes de diversos temas. Valorarase a claridade e a profundidade da exposición.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecementos e utilización dos conceptos técnicos e o vocabulario básico para comprender a Literatura Latina.
Coñecemento básico dunha lingua clásica e capacitación para a selección, uso e tratamento de textos e datos históricos da época clásica nun contextos interdisciplinar.
30 A2
A3
A5
B4
B6
C13
C15
C16
C17
D1
D5
D7
D11
D16
Resolución de problemas e/ou exercicios Tradución e comentario de textos.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecementos e utilización dos conceptos técnicos e o vocabulario básico para comprender a Literatura Latina.
Coñecemento básico dunha lingua clásica e capacitación para a selección, uso e tratamento de textos e datos históricos da época clásica nun contextos interdisciplinar.
30 A2
A3
A5
B4
B6
C13
C15
C16
C17
D1
D5
D7
D11
D16
Observación sistemática Participación activa do alumnado nas sesións e actividades propostas polo docente, tendo en conta a avaliación continua do traballo autónomo na aula e na plataforma de teledocencia.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Toma de conciencia sobre as aportacións da lingua e a cultura clásica no ámbito académico e social.
10 A2
A3
A5
B4
B6
C13
C15
C16
C17
D1
D5
D7
D11
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os alumnos (presenciais e semipresenciais) deberán presentarse á proba final, que constará de tres partes (preguntas cortas / preguntas longas / tradución e comentario). Esta proba final supón o 90% da nota, agás para os alumnos semipresenciais e para os alumnos que non participaron nas clases, que deberán compensar o 10% restante entregando os traballos que se lles indiquen. A proba extraordinaria constará igualmente destas tres partes.

Segundo acordo da Xunta de Facultade, a participación activa na clase suporá o 10% da nota final. Os alumnos semipresenciais e aqueles que non participaren nas clases compensarán cun traballo indicado polo profesor ese 10% da cualificación que en principio se asigna a esta asistencia con participación.

Outros comentarios:

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). 

O estudante deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000