Guia docente 2017_18
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Diplomática e arquivística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesións de aula encamiñadas a tomar contacto co alumnado, presentar a materia e coñecer as súas competencias, motivacións e intereses.
Lección maxistral Exposicións introdutorias nas que se familiarizará ao alumnado co coñecemento dos sistemas de xestión de arquivos, a tipoloxía documental e os instrumentos e normas de búsqueda, descrición e conservación documental.
Eventos docentes y/o divulgativos Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia.
Seminario Recensións de lecturas que permitan afondar nos contidos teóricos da materia
Obradoiro Prácticas de aula nas que se adquirirán as habilidades instrumentais necesarias para a análise diplomática e valoración de fontes documentais de arquivo.
Traballo tutelado Actividades en grupo nas que se tutelará a elaboración e exposición dun traballo sobre edición e descrición de fontes documentais de arquivo.
Saídas de estudo/prácticas de campo Visita de estudos a un arquivo histórico que permita observar as traballos de clasificación, ordenación, catalogación e conservación dos seus fondos documentais
Titoría en grupo Nas titorías en grupo resolveranse dúbidas sobre os contidos da materia e a metodoloxía utilizada para a realización dos traballos e exercicios.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000