Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia de América contemporánea
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Comentarios de texto e material gráfico que será suministrado polo profesor.
O que dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes históricas e das interpretacións historiográficas
30 A3
C14
D1
D2
D7
D11
Traballo tutelado As sesións de traballo tutelado avaliaranse mediante a realización dun traballo a desenrolar sobre algún tema do programa.
O que dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en bibliografía específica.
30 A4
C13
C16
D1
D2
D7
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que avalían o coñecemento e que incluén preguntas a desenvolver, preguntas curtas e comentarios de textos. O que dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe: Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias. 30 A3
B2
C14
C16
D1
D7
D11
D15
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado. Avaliación continua do seu traballo autónomo, a través da realización das actividades e probas que conforman a programación da materia. O que dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Coñecemento da Historia América nunha perspectiva comparada
10 A5
B5
C12
C13
C22
D1
D7
D11
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos.

Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). 

O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles. 

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de “avaliación global deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo). 

Aqueles estudantes que non poidan acollerse á avaliación contínua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000