Guia docente 2017_18
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Sistemas de representación xeográfica
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Traballo tutelado Atención particular dos estudantes para orientar a docencia teorico-práctica, resolver dúbidas, e contrastar o progreso do traballo. A atención personalizada consistirá nas orientacións específicas, resolución de dúbidas ou problemas no desenvolvemento das secuencias de aprendizaxe. Todo o alumnado: na plataforma de teledocencia Moodle. Alumnado semipresencial: aula e-meeting (enlace FaiTic). Alumnado presencial: na aula e na sala de informática.
Titoría en grupo Atención particular dos estudantes para orientar a docencia teorico-práctica, resolver dúbidas, e contrastar o progreso do traballo. A atención personalizada consistirá na revisión dos exercicios, probas e traballos; na resolución de dúbidas e toma de acordos para calquer aspecto da dinámica da materia. Todo o alumnado: na plataforma de teledocencia Moodle. Alumnado semipresencial: aula e-meeting (enlace FaiTic). Alumnado presencial: na aula.
Actividades introdutorias Atención particular dos estudantes para orientar a docencia teorico-práctica, resolver dúbidas, e contrastar o progreso do traballo. A atención personalizada consistirá na orientación do nivel de aprendizaxe requirido, a introducción os materiais, a resolución de dúbidas e a explicación da dinámica do desenvolvemento da materia. Alumnado presencial: na aula. Alumnado semipresencial: aula e-meeting (enlace FaiTic). Todo o alumnado: na plataforma de teledocencia Moodle (foro de avisos, noticias e dúbidas).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000