Guia docente 2017_18
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Sistemas de representación xeográfica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades para detectar coñecementos previos, intereses e motivacións do alumnado. Presentación dos obxectivos, contidos, metodoloxía e desenvolvemento da materia.
Lección maxistral Explicación e reflexión dos contidos teóricos guiadas polo docente como referentes das aplicación prácticas da materia.
Eventos docentes y/o divulgativos Conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por poñentes de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Resolución de problemas Exercicios procedimentais nos diferentes tipos da representación xeográfica, na procura da resolución gráfica e cartográfica.
Traballo tutelado Elaboración, presentación e defensa dun documento relativo a temática da materia (lecturas, investigación) polo alumnado.
Prácticas autónomas a través de TIC Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia. Desenvólvense a través das TIC de maneira autónoma.
Titoría en grupo Seguimento e orientación de contidos explicados e preparación de temas de avaliación ou de traballos encargados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000