Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Mundo actual
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos sinalados.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da Historia da integración europea
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado
Elaboración de traballos básicos e de iniciación
5 C12
C21
D15
Traballos tutelados Presentación e entrega, na data sinalada dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a presentación formal do mesmo.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración de traballos básicos e de iniciación
15 D3
D4
D11
D15
Sesión maxistral Valoraranse os coñecementos teóricos da materia, a estruturación de ideas e a precisión e claridade expositiva a través de dúas probas de avaliación que incluirán tanto probas de contido teórico como comentarios de textos, mapas e gráficas. Para superar a materia será preciso acadar, en ambas as dúas probas, unha cualificación de cando menos 5 puntos.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia.
Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias.
Coñecemento da Historia da integración europea
60 B5
C21
D1
Seminarios Selección, presentación, análise e crítica dos materiais traballados e capacidade para fomentar o debate, a discusión e a participación.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración de traballos básicos e de iniciación
10 D3
D4
D11
Outras Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado, a través da realización e presentación de tarefas establecidas nas sesións teóricas e prácticas, seminarios, titorías e outras actividades. Para o seu control é imprescindible que o alumnado estea dado de alta e teña cubertos os seus datos de perfil no curso virtual da materia (Moodle) antes de rematar a primeira quincena do cuadrimestre.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos principais problemas e debates historiográficos.
10 A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).
O estudante deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación continua examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico que implique o manexo dunha fonte histórica propia da materia, o cal será comunicado ao profesor responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data do exame final. Este último suporá o 70% da nota final e o traballo práctico o 30%.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000