Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna de España
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos criterios fixados polo docente, dos exercicios e materiais elaborados na sesión prácticas. Pode incluír a realización dalgún cuestionario. Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Análise e valoración dos conceptos apresos a partir do uso de fontes históricas e bibliográficas. 20 A4
B3
C19
D4
D9
D11
D14
Obradoiro Presentación e análise crítica de materiais relacionados cos contidos da materia, traballados previamente ou debatidos na aula. Valorarase o grao de participación dos/os alumnos/as en devanditos debates. Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuades e o pasado e respecto a outras culturas e modos de entender ao home e á súa contorna. 10 A4
B5
D9
Exame de preguntas obxectivas Os contidos impartidos nas leccións maxistrais avaliaranse mediante a
realización de dúas probas (parciais). Inclúen unha serie de preguntas
de resposta curta (proba A). Para superar a materia será necesario acadar unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 sumando as probas A (Exame de preguntas obxectivas) e B (Exame de preguntas de desenvolvemento). Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son: i) Coñecemento dos acontecementos da Historia da Península Ibérica nunha perspectiva diacrónica e comparada; ii) Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
30 C12
C16
C19
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos impartidos nas leccións maxistrais avaliaranse mediante a
realización de dúas probas (parciais). Inclúen unha serie de preguntas
de desenvolvemento (proba B). Esta proba consiste na análise pormenorizada de varios documentos (en diversos formatos: textos,
táboas, gráficas, mapas históricos, documentos iconográficos...)
relacionados con contidos diferentes do temario. Para superar a materia será necesario acadar unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 sumando as probas B (Exame de preguntas de desenvolvemento) e A (Exame de preguntas obxectivas). Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son: i) Coñecemento dos acontecementos da Historia da Península Ibérica nunha perspectiva diacrónica e comparada; ii) Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
30 C12
C16
C19
Observación sistemática Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado, a través da realización e presentación en tempo e forma das distintas tarefas establecidas nas sesións teóricas e prácticas, seminarios, titorías e outras actividades. Os resultados da aprendizaxe avaliados son: elaboración de traballos básicos e resolución de problemas. 10 C16
C19
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá cumprir os requisitos
mínimos de presencialidade establecidos como necesarios para a avaliación continua, así como facer a entrega en tempo e forma da totalidade das tarefas asociadas. De igual maneira, deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como
imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos:
Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico.
Docencia presencial: seguimento na aula e o seminario de informática da
facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).

     Os
estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia
a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi, da Universidade
de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das
competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos
teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do
alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán
cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no
sustancial obras alleas, dándoas como propias" (dle-rae).

      Para
todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as
actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou
remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da
participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das
ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso,
realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

 Aqueles estudantes que elixan ser avaliados
mediante a modalidade de “avaliación
global deberán comunicalo ao profesorado responsable da
materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo
19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da
docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado
da Universidade de
Vigo). Estes/as alumnos/as serán avaliados dos contidos da materia
mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo
obrigatorio que respresentará o 30% restante. Tal como se indica na descrición pormenorizada das probas, esta proba escrita constará de dúas partes: unha equivalente ao Exame de preguntas obxectivas (proba A), e outra equivalente ao Exame de preguntas de desenvolvemento (proba B). Así mesmo, o devandito traballo deberá estar
asinado, como mínimo, un mes antes da realización do exame oficial e
entregarase coincidindo coa data fixada polo Centro para a realización do mesmo
en cada convocatoria. En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial
e opción mencionada no art. 3.10), para superar a materia, requírese obter unha
cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba escrita (contidos teóricos e
prácticos).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000