Guia docente 2017_18
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna de España
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realización de dúas probas nas que se deberá respostar a preguntas de desenvolvemento, outras de resposta curta e un exercicio práctico. Para superar a materia será preciso acadar en cada unha de ditas probas unha cualificación de 5 puntos.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos conceptos principais da Historia da Península Ibérica e coñecemento da Historia da Península Ibérica nunha perspectiva comparada
60 A1
C16
C19
Seminario Presentación e análise crítica de materiais relacionados cos contidos da materia, traballados previamente e debatidos na aula, valorándose o grao de participación dos/as alumnos/as en ditos debates.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuáis e o pasado e respeto a outras culturas e modos de entender ao home e á súa contorna.
7.5 B5
C12
Traballo tutelado Presentación e entrega dos traballos que se requiran según os criterios fixados polo docente e nas datas que se indiquen.
Os resultados da aprendizaxe avalidados son: Elaboración e preparación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en bibliografía específica
15 A4
D4
D9
D11
D14
Traballos de aula Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos criterios fixados polo docente, dos exercicios e traballos prácticos sinalados.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes históricas e das interpretacións historiográficas
7.5 B3
C19
Probas de autoavaliación Valoración do traballo autónomo do alumnado mediante a realización de cuestionarios sobre os contidos da materia a través de Moddle.
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son: Coñecemento dos conceptos principais da Historia da Península Ibérica e coñecemento da Historia da Península Ibérica nunha perspectiva comparada
10 C16
C19
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os/as estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan aceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).


O estudante deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como impresncindibles.


Todos/as os/as alumnos/as matriculados/as na materia teñen dereito a realizar o exame final, no que serán avaliados/as dos contidos do programa (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Os/as alumnos/as que non se poidan acollerse á modalidade presencial, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final. O 30% restante será completado a través dun traballo obrigatorio sobre os contidos do programa da materia, a convir co docente, que os/as alumnos/as deberán entregar como data límite na fixada para a realización da mentada proba escrita.desta

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000