Guia docente 2017_18
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna de España
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión adicada á presentación do programa da materia, e a tomar un primeiro contacto cos/as alumnos/as a fin de coñecer o seu interese e motivación pola mesma
Lección maxistral Exposición detallada por parte do docente dos contidos teóricos da materia, salientando aquelas liñas básicas que haberán de permitir o desenvolvemento das actividades relacionadas co temario.
Seminario Actividades encamiñadas ó traballo intensivo do alumnado sobre un aspecto, tema ou conxunto de temas do programa, que implicará a lectura e manexo de bibliografía específica, respostar a preguntas guía formuladas polo docente e a participación nas sesións de debate que se leven a cabo. Dentro desas actividades inclúese un seminario programado.
Traballo tutelado Elaboración de traballos por parte dos/as alumnos/as, ben de xeito individual, ben en grupo, que deberán ser presentados na aula
Traballos de aula Actividades realizadas na aula orientadas a resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos presentados nas sesións maxistrais.
Eventos docentes y/o divulgativos Horas reservadas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas polo Departamento de Historia, Arte e Xeografía ou ben pola Facultade de Historia.
Titoría en grupo Sesións adicadas ao seguimento e orientación dos/as alumnos/as, atendendo ás dúbidas que se lles podan presesentar en relación cos contidos da materia e probas de avaliación, realización dos traballos e exercicios prácticos
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000