Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia contemporánea de España
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Presentación, pública defensa e entrega dun guión do exposto na data sinalada, do traballo individual obrigatorio. Valoraranse: o marco teórico, a estructura e vertebración do traballo, as reflexións teóricas e críticas e a presentación e exposición formal do mesmo.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en bibliografía específica.
10 A4
B3
D4
D9
D11
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos sinalados.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e á súa contorna.
10 C13
Seminarios Selección, presentación, análise e crítica dos materiais traballados e capacidade para fomentar o debate, a discusión e a participación.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
10 C12
Outras Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado, a través das actividades e probas que conforman a programación da materia.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado
10 A4
C12
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame por escrito, con preguntas de resposta longa e/ou temas para desenvolver.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da Historia da Península Ibérica nunha perspectiva comparada
55 A1
C16
C19
Probas de resposta curta Cuestións de resposta breve introducidas no exame escrito orientadas a determinar a adquisición dos conceptos básicos da materia polo alumnado.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos conceptos principais da Historia de Península Ibérica
5 C19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso,realización de probas ou exercicios en liña, etc.).
O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000