Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia contemporánea de España
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos tutelados Traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado sobre temas monográficos en estreita relación coa disciplina e que serán obrigadamente expostos coa data da súa exposición na aula e os fará o alumno como técnica didáctica individual da impartición pedagóxica da Historia Contemporánea de España.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Actividades orientadas á resolución de exercicios que inclúan a resolución de comentarios e composicións de texto histórico, mapas históricos, análise e interpretación de materiais gráficos e textuais e discusión crítica dos mesmos.
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia
Actividades introdutorias Sesións orientadas a presentar a materia, tomar contacto co alumnado e reunir información sobre as súas competencias, motivacións e intereses.
Titoría en grupo Sesións orientadas ao seguimento e orientación sobre o estudo de contidos, a preparación das actividades e probas de avaliación e a realización dos traballos en grupo.
Seminarios Traballo de aula individual ou en grupos informais a partir de materiais de diversa natureza co obxectivo de afondar nunha selección de contidos de especial dificultade ou relevancia introducidos ou non nas sesións maxistrais.
Sesión maxistral Explicación dos contidos máis relevantes da materia por parte do profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000