Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía aplicada. Territorio e paisaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Os resultados da aprendizaxe a avaliar son: O coñecemento aplicado da Xeografía no marco da metodoloxía científica. O razoamento crítico e a argumentación adecuada -oral ou escrita- sobre os fenómenos xeográficos analizados, as súas variables e relacións.
40 B3
C5
C6
C9
D1
D2
D4
D5
D7
D16
Traballo Elaboración e entrega polo alumnado dun informe/traballo sobre as prácticas ou a temática da materia.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Destreza na organización e xestión de traballos e/ou proxectos no contexto ambiental e sociocultural, valorando a innovación en ordenación do territorio. Capacidade de interpretación das paisaxes terrestres desde unha perspectiva xeográfica, identificando a intervención humana e as categorías de risco. Habilidade de realización de exercicios prácticos, con aplicación de técnicas xeográficas cualitativas ou cuantitativas, sobre procesos e dinámica do territorio.
40 B3
B6
C7
C11
D2
D4
D5
D7
D14
D15
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes do informe/traballo.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Destreza na organización e xestión de traballos e/ou proxectos no contexto ambiental e sociocultural, valorando a innovación en ordenación do territorio. Capacidade de interpretación das paisaxes terrestres desde unha perspectiva xeográfica, identificando a intervención humana e as categorías de risco. Habilidade de realización de exercicios prácticos, con aplicación de técnicas xeográficas cualitativas ou cuantitativas, sobre procesos e dinámica do territorio.
10 B3
B6
C9
C11
D2
D4
D5
D7
D14
D15
Observación sistemática Participación activa do alumnado nas sesións e actividades propostas polo docente, tendo en conta a avaliación continua do traballo autónomo na aula, no campo e na plataforma de teledocencia.
Os resultados da aprendizaxe a avaliar serán: O coñecemento aplicado da Xeografía no marco da metodoloxía científica: formulación de hipóteses, selección de información e técnicas. O razoamento crítico e a argumentación adecuada -oral ou escrita- sobre os fenómenos xeográficos analizados, as súas variables e relacións.
10 A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense dous
sistemas de avaliación: continua (probas e actividades desenvolvidas ao longo
do cuatrimestre) e global (datas oficiais de exame para cada oportunidade de
avaliación establecida no calendario académico), entre os que o alumnado poderá
elexir. Para superar a avaliación contínua o alumnado deberá acadar una
calificación mínima do 50% en cada un dos ítems de avaliación. En caso de non
acadar a calificación mínima nalgún dos ítems de avaliación, a máxima nota
posible será a máis alta dentro do suspenso (Artigo 32.2 do Regulamento sobre a
Avaliación da Universidade de Vigo, do 2023).

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de
presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir
e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos
seguintes recursos: Curso virtual naplataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo
electrónico. Docencia presencial:seguimento na aula. Docencia nonpresencial:
Campus Remoto (enlace en MooVi).

Os estudantes que
se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do
Curso Virtual na plataforma deteledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que
permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e
a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos
como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a
través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados
cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras
alleas, dándoas comopropias" (dle-rae).

Para todo o
alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as actividades de
avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente
establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a
través das TIC farase apartir das ferramentas propias da plataforma
(participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en
liña, etc.).

Aqueles
estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de “avaliación
global" deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo
de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do
Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do
proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, do 2023). O
estudantado que opte pola modalidade de avaliación global será avaliado do
programa da materia mediante una proba teórica (40%) e un traballo obrigatorio
a consensuar co profesorado (60%)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000