Guia docente 2017_18
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía aplicada. Territorio e paisaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análisis de situacións O alumnado realizará un análise das condicións e dinámica dunha situación relacionada co ámbito teórico da materia, coa finalidade de razoar e interpretar os feitos.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento aplicado da Xeografía no marco da metodoloxía científica: formulación de hipóteses, selección de información e técnicas; Razoamento crítico e argumentación adecuada –oral ou escrita- sobre os fenómenos xeográficos analizados, as súas variables e relación.
40 B3
C5
C6
C9
D1
D2
D4
D5
D7
D16
Traballos e proxectos Presentación e defensa polo alumnado dos resultados obtidos (pequena investigación) sobre a temática da materia.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Destreza na organización e xestión de traballos e/ou proxectos no contexto ambiental e sociocultural, valorando a innovación en ordenación do territorio; Capacidade de interpretación dos paisaxes terrestres desde unha perspectiva xeográfica, identificando a intervención humana e as categorías de risco.
50 B3
B6
C7
C11
D2
D4
D5
D7
D14
D15
Outras Participación activa do alumnado nas sesións e actividades propostas polo docente, tendo en conta a avaliación continua do traballo autónomo na aula, no campo e na plataforma de teledocencia.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Razoamento crítico e argumentación adecuada –oral ou escrita- sobre os fenómenos xeográficos analizados, as súas variables e relación; Habilidade en realización de exercicios prácticos, con aplicación de técnicas xeográficas cualitativas ou cuantitativas, sobre procesos e dinámica do territorio.
10 A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles. Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante una proba escrita que suporá o 70% da nota final e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000