Traballo |
O traballo tutelado deberá ser exposto na aula e entregado.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en bibliografía específica. Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e á súa contorna |
30 |
A3 A4
|
B5
|
C13
|
D4 D7 D10 D15
|
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta. Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial
poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de
teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos
materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos
resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos.
Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto
co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente
establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por
outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento
individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das
ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso,
realización de probas ou exercicios en liña, etc.).
O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de
presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir
ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles. |