Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia medieval da Península Ibérica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Avaliación mediantes tres probas de resposta curta ao final do correspondente tema. Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe: Coñecemento dos conceptos principais da Historia de Península Ibérica. Coñecemento da Historia da Península Ibérica nunha perspectiva comparada. 40 C16
C19
Traballos e proxectos Avaliaranse os coñecementos teóricos adquiridos polo alumnado na realización e estructuración do traballo así como a súa capacidade de exposición. Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individiuais ou colectivos, baseados en bibliografía específica.
Compromiso coa ética e responsablilidade social como cidadán e profesional.
30 A2
A4
C13
D9
D14
Probas de autoavaliación Avaliación continua do traballo autonomo do alumnado mediante a realización e presentación de tarefas propostas na plataforma moodle. Con elo dará conta dos seguintes resultados da aprendizaxe: Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes históricas e das interpretacións historiográficas 10 C19
D11
Resolución de problemas e/ou exercicios Presencia e entrega dos materias e tarefas elaborados nas sesións prácticas. Con elo, o alumando dará conta dos seguintes resultados da aprendizaxe: Coñecemento da Historia da Península Ibérica nunha perspectiva comparada.Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e á súa contorna. 20 B3
B5
C19
D8
D10
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a
materia a través do curso virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da
Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a
adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto
nos seus contido teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías
docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega
(presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que
requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á
mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do
alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma
(participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en
liña, etc.).

O estudante deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade
necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que
o/s docente/s dispoñan como imprescindibles

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os
exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo).
O alumnado que non poida acollerse á avaliación contínua examinarase de todo o
programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica
sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico ou
bibliográfico relacionado coa materia, o cal será comunicado ao profesor
responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na
data do exame final.

Dito exame constará dunha proba de resposta curta e un comentario de texto.
A nota final repartirase entre as tres probas do xeito seguinte: proba de
resposta curta: 50%; comentario de texto: 20%; traballo: 30%.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000