Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga da Península Ibérica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados TODO O ALUMNADO: Entrega, na data sinalada, dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo
ALUMNADO PRESENCIAL: Presentación na aula
ALUMNADO SEMIPRESENCIAL: Presentación a través de e-meeting
Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e a súa contorna.
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes históricas e das interpretacións
historiográficas.
15 C13
C19
C23
D3
D4
D7
D11
Traballos de aula TODO O ALUMNADO: Entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos indicados que irán en consonancia ca teoría exposta nas clases maxistrais e subida á plataforma.
ALUMNADO PRESENCIAL: Presentación na aula
ALUMNADO SEMIPRESENCIAL: Presentación a través de e-meeting
Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes históricas e das interpretacións historiográficas.
10 C13
C16
C19
C23
D1
D3
D4
D7
Sesión maxistral TODO O ALUMNADO: O coñecemento adquirido sobre os contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais e subidos á plataforma FaiTic, contarán de varias apartados: probas de resposta curta; probas de resposta longa e resolución de problemas (mapas, comentarios de texto, imaxes...).
Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Coñecemento dos conceptos principais da Historia de Roma e da Península Ibérica.
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes históricas e das interpretacións
historiográficas.
60 C13
C16
C19
D4
D11
Seminarios TODO O ALUMNADO: Análises e comentarios críticos das fontes que proporcionan o coñecemento da historia antiga: textos, iconografía e material arqueolóxico. Poderá completarse cun análise crítico dalgún documental visionado na aula e subido á plataforma.
Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes históricas e das interpretacións historigráficas.
5 C23
D1
D3
D4
Probas de autoavaliación TODO O ALUMNADO: Valoración do traballo autónomo do alumnado mediante a realización de cuestionarios sobre os contidos da materia a través de Moodle. Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Dominio dos aspectos teóricos más importantes da materia 10 C13
C23
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar esta materia é preciso acadar polo menos un 5 na avaliación correspondente á Sesión maxistral.

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos.

Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo
deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do regulamento de
Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, serán avaliados dos
contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que
representará un 30% desta.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000