Titoría en grupo |
TODO O ALUMNADO:
Sesións orientadas ao seguimento e orientación sobre o estudo de contidos, preparación das actividades e probas de avaliación e á aclaración das diversas dúbidas que vaian xurdindo sobre aspectos da materia. |
Lección maxistral |
TODO O ALUMNADO: O material docente empregado na aula será subido con antelación á plataforma de teledocencia, así como outros documentos con contidos teóricos que faciliten a comprensión do temario impartido.
ALUMNADO PRESENCIAL: Exposición por parte do profesor das claves fundamentais de cada un dos bloques temáticos. |
Seminario |
TODO O ALUMNADO: Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou completar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas.
ALUMNADO PRESENCIAL: Actividades na aula.
ALUMNADO SEMIPRESENCIAL: Actividades a través da plataforma FaiTic ou e-Meeting |