Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga da Península Ibérica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos tutelados TODO O ALUMNADO: Traballos realizados de xeito individual ou en grupo, orientados a fomentar o espíritu crítico, o coñecemento dos feitos históricos e a visión dos mesmos dende diversos soportes na actualidade. A asignación de traballos deberá quedar resolta no primeiro mes do cuadrimestre.
Titoría en grupo TODO O ALUMNADO:
Sesións orientadas ao seguimento e orientación sobre o estudo de contidos, preparación das actividades e probas de avaliación e á aclaración das diversas dúbidas que vaian xurdindo sobre aspectos da materia.
Traballos de aula ALUMNADO PRESENCIAL: Actividades na aula orientadas á resolución de exercicios prácticos na aula relacionados cos contidos expostos nas sesións maxistrais que inclúan a análise e comentario crítico das fontes propias da historia antiga, a resolución de comentarios e composicións de texto histórico, mapas e a análise e interpretación de materiais gráficos e audiovisuais.
ALUMNADO SEMIPRESENCIAL:
Actividades en e-meeting (enlace Faitic) orientadas á resolución de exercicios prácticos na aula relacionados cos contidos expostos nas sesións maxistrais que inclúan a análise e comentario crítico das fontes propias da historia antiga, a resolución de comentarios e composicións de texto histórico, mapas e a análise e interpretación de materiais gráficos e audiovisuais.
Sesión maxistral TODO O ALUMNADO: O material docente empregado na aula será subido con antelación á plataforma de teledocencia, así como outros documentos con contidos teóricos que faciliten a comprensión do temario impartido.
ALUMNADO PRESENCIAL: Exposición por parte do profesor das claves fundamentais de cada un dos bloques temáticos.
Actividades introdutorias TODO O ALUMNADO: Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o coñecemento previo do alumnado, así como a presentar a materia.
ALUMNADO PRESENCIAL: Actividades na aula
ALUMNADO SEMIPRESENCIAL: Actividades a través da plataforma FaiTic ou e-meeting
Seminarios TODO O ALUMNADO: Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas.
ALUMNADO PRESENCIAL: Actividades na aula
ALUMNADO SEMIPRESENCIAL: Actividades a través da plataforma FaiTic ou e-meeting
Eventos docentes e/ou divulgativos ALUMNADO PRESENCIAL: Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o departamento de Historia, Arte e Xeografía e/ou a Facultade de Historia.
ALUMNADO SEMIPRESENCIAL: Se ben a asistencia a esta actividade non é obrigatoria, sería recomendable se houbese a posibilidade de asistir a toda ou a parte.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000