Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Arqueoloxía aplicada
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Saídas de estudo A viaxe de estudios será avaliada, amáis de pola asistencia, mediante a entrega dunha breve memoria de prácticas.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son:
"Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes e das interpretacións históricas" e "Análise crítica das tradicións historiográficas sobre temas controvertidos ou de interese xeral"
10 A3
B6
C18
D7
Presentación Os contidos tratados nos seminarios serán avaliados mediante a presentación/exposición por parte dos alumnos, a xeito de clase maxistral, do subtema especifico elixido.
Valoraránse os contidos e metodoloxía da propia exposición, así como a entrega dun guión por escrito.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son:
"Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas"
15 A4
B3
C18
D9
Seminario Os contidos tratados nos seminarios serán avaliados mediante a presentación/exposición por parte dos alumnos, a xeito de clase maxistral, do subtema especifico elixido.
Valoraránse os contidos e metodoloxía da propia exposición, así como a entrega dun guión por escrito.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son:
"Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas"
25 A4
B3
C18
D9
Exame de preguntas obxectivas Os contidos expostos nas sesións maxistrais e mais nas exposicións dos alumnos serán avaliados mediante unha proba escrita de resposta curta (exame tipo test). Haberá dous exames parciais, amáis do exame final de cada convocatoria.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son:
"Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes e das interpretacións históricas" e "Análise crítica das tradicións historiográficas sobre temas controvertidos ou de interese xeral"
40 A1
B3
C23
D2
D5
Observación sistemática Participación activa nas clases teóricas e prácticas, tanto sexa na modalidade presencial como na semipresencial (seguimento da materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi).
Os resultados da aprendizaxe avaliados son:
"Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes e das interpretacións históricas" e "Análise crítica das tradicións historiográficas sobre temas controvertidos ou de interese xeral"
10 C23
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a traveso das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (DLE-RAE).

Todas as sesións de lección maxistral do profesor/a e mais as presentacións/exposicións que realicen os alumnos serán gravadas en video. Estas gravacións quedarán a libre disposición dos alumnos a través da plataforma MooVi, onde poderán visualizalas asíncronamente no momento que estimen oportuno.

O estudante deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Asimesmo deberá acudir ás probas que o docente dispoña como imprescindibles. Contabilizarase expresamente a asistencia ás clases teóricas e sesións de exposicións dos alumnos (10%), tanto sexa acudindo de modo físico ás aulas como visualizando as gravacións das mesmas a través de MooVi.

Para aprobar a materia (e facer media ponderada coa avaliación das prácticas) é preciso obter no exame (media dos parciais ou exame final) unha nota igual ou superior ós 4 puntos. Tamén será preciso ter realizado a actividade práctica principal (preparación e exposición dun subtema específico na clase), ou ben ter presentado traballo alternativo equivalente, obtendo nesta actividade unha calificación igual ou superior ós 3 puntos. Idénticas condicións rexen para a 2ª convocatoria.

Avaliación da viaxe de prácticas (peso do 10% na calificación final): soamente por asistir á viaxe xa se lles da por aprobada a actividade (5 puntos). A outra metade da nota (5 puntos) dependerá da entrega e avaliación dunha Memoria crítica dos vestixios arqueolóxicos visitados durante a viaxe. Para aqueles alumnos/as que NON participen na viaxe de prácticas: entrega e avaliación (10 puntos) dunha Memoria crítica da visita PRESENCIAL alternativa realizada (mínimo 2 conxuntos arqueolóxicos relevantes da súa elección).

Amáis do sistema descrito de avaliación continua, que debe ser a habitual tanto para presenciais como semipresenciais, todo o alumnado poderá elixir ser avaliado mediante a modalidade de "avaliación global", que terá que ser comunicada ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles contados dende o início do cuadrimestre (art. 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado, da Universidade de Vigo). As probas de avaliación global consistirán no seguinte:

  • Exame presencial convencional por escrito
    (preguntas cortas + desenvolvemento dun tema a elexir entre dous). Peso do 50% da avaliación final. É necesario obter unha nota no exame igual ou superior a 4
    para poder facer media coa nota do traballo.
  • Entrega dun traballo bibliográfico por escrito sobre calquera tema de arqueoloxía grega ou romana, a acordar co profesor/a, cunha extensión mínima de 20 follas e máxima de 30, incluíndo a parte gráfica (mapas, planos, fotos, debuxos), que debe ir intercalada no texto, e maila bibliografía. É obrigatorio consultar e citar alomenos 5 referencias bibliográficas específicas sobre o sitio ou tema tratado. Peso do 50% da avaliación final. É necesario obter unha nota no traballo igual ou superior a 3 para poder facer media coa nota do exame.
A calificación final será a da media
aritmética das notas obtidas no exame e mais no traballo. As probas de avaliación global
rexerán tanto para a convocatoria ordinaria de xuño como para a extraordinaria
de xullo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000