Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Arqueoloxía aplicada
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Saídas de estudo/prácticas de campo A viaxe de estudios será avaliada, amáis de pola asistencia, mediante a entrega dunha breve memoria de prácticas.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son:
"Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes e das interpretacións históricas" e "Análise crítica das tradicións historiográficas sobre temas controvertidos ou de interese xeral"
10 A3
B6
C18
D7
Presentacións/exposicións Os contidos tratados nos seminarios serán avaliados mediante a presentación/exposición por parte dos alumnos, a xeito de clase maxistral, do subtema especifico elixido.
Valoraránse os contidos e metodoloxía da propia exposición, así como a entrega dun guión por escrito.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son:
"Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas"
15 A4
B3
C18
D9
Seminarios Os contidos tratados nos seminarios serán avaliados mediante a presentación/exposición por parte dos alumnos, a xeito de clase maxistral, do subtema especifico elixido.
Valoraránse os contidos e metodoloxía da propia exposición, así como a entrega dun guión por escrito.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son:
"Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas"
25 A4
B3
C18
D9
Sesión maxistral Os contidos presentados nas sesións maxistrais serán avaliados mediante unha proba de resposta curta (exame tipo test).
Os resultados da aprendizaxe avaliados son:
"Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes e das interpretacións históricas" e "Análise crítica das tradicións historiográficas sobre temas controvertidos ou de interese xeral"
40 A1
B3
C23
D2
D5
Outras Participación activa nas clases teóricas e prácticas, tanto sexa na modalidade presencial como na semipresencial (seguimento da materia a traveso do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle).
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: "Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes e das interpretacións históricas" e "Análise crítica das tradicións historiográficas sobre temas controvertidos ou de interese xeral"
10 C23
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a traveso do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a traveso das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

O estudante deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Asimesmo deberá acudir ás probas que o docente dispoña como imprescindibles.

Para aprobar a materia (e facer media ponderada coa avaliación das prácticas) é preciso obter no exame unha nota igual ou superior ós 4 puntos.  Tamén será preciso ter presentado alomenos un tercio das actividades prácticas.

Todo o alumnado ten dereito a ser avaliado mediante unha proba de avaliación final. Para aqueles estudantes que non poidan acollerse á modalidade presencial,  consistirá nun exame dos contidos da sesión maxistral (50%) e mais na entrega de sendos traballos escritos, ún deles bibliográfico sobre calquera subtema específico do temario (40%) e o outro consistente nun breve informe sobre algún xacemento arqueolóxico que visiten pola súa conta (10%). O tamaño, contido e outras condicións destes traballos serán acordadas previamente co profesor da materia. Idénticas condicións rexen para a segunda convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000