Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Arqueoloxía aplicada
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Resolución de dúbidas sobre os contidos expostos nas sesións maxistrais. O seguimento realizarase a traveso dos seguintes recursos: plataforma de teledocencia MooVi (todo o alumnado), seguimento na aula (alumnado presencial), aula virtual Campus Remoto (alumnado non presencial).
Saídas de estudo Información e asesoría personalizada sobre a viaxe de estudos arqueolóxicos que teña lugar durante o curso. O seguimento realizarase a traveso dos seguintes recursos: plataforma de teledocencia MooVi (todo o alumnado), seguimento na aula e nos seminarios (alumnado presencial), aula virtual Campus Remoto (alumnado non presencial).
Probas Descrición
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Resolución de dúbidas e seguimento personalizado na programación, organización, desenvolvemento e exposición do traballo práctico (subtema específico tratado nos seminarios) que deben realizar os alumnos, individualmente ou en grupo reducido. O seguimento realizarase a traveso dos seguintes recursos: plataforma de teledocencia MooVi (todo o alumnado), seguimento nos seminarios (alumnado presencial),aula virtual Campus Remoto (alumnado non presencial).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000