Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Arqueoloxía aplicada
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo. Esta exposición abranguerá alomenos dous tercios do temario.
Eventos científicos Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas desde o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia.
Saídas de estudo Viaxe de estudios para observación e estudio directo de xacementos e materiais arqueolóxicos tratados nas clases teóricas.
Está prevista unha saída de tres días de duración ao ámbito próximo (ca. 500 kms. a partir de Ourense) durante o mes de abril ou maio.
Presentación Exposición por parte do alumnado, de maneira individual ou en grupo reducido (2-3 persoas), dun dos subtemas específicos tratados nos seminarios, a xeito de sesión maxistral para o resto dos seus compañeiros.
A exposición deberá apoiarse en medios audiovisuais (PowerPoint ou similar) e deberán entregar asemade o guión da exposición por escrito.
Seminario Actividades desenvolvidas en grupo reducido, enfocadas ao traballo en profundidade sobre algúns subtemas específicos do temario a acordar co profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000