Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia da arte medieval
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral A sesión maxistral será avaliada mediante unha proba escrita de resposta longa. Para superar a materia, é necesario acadar nesta proba unha cualificación mínima de 3 puntos (sobre os 6 do total).
Con elo o alumno dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Coñecer as manifestacións artísticas medievais como resultado dun complexo proceso.
60 A3
A5
B2
C24
C25
C29
D1
Traballos tutelados
Os traballos tutelados serán avaliados unha vez expostos na aula, e entregados na Plataforma Moodle.
Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Interpretación das obras de arte no período de estudo desde unha perspectiva metodolóxica múltiple.
20 A2
A4
C31
C32
D2
Seminarios Os seminarios sobre aspectos patrimoniais relativos á materia serán avaliados tendo en conta a intervención do alumno nos debates e a entrega duna memoria da actividade a través da plataforma Moodle.
Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Facer a lectura das obras de arte como documento excepcional do pasado.
10 A4
B2
C25
C28
D2
D5
Outras En todas as actividades e probas que conforman a programación valorarase a asistencia e participación do alumnado en foros, debates, etc.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Aplicar os coñecementos e demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos a resolución de problemas
10 A2
A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledoncencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirán acceso aos materiais precisos para adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Se especificarán as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan poder acceder ao mesmo porcentaxe da nota. O seguemento individualizado da participación do alumno a través da TIC será feito a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estadísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc..). 

 O estudante deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade, asistindo ás titorías, que serán fixadas nun horario compatible coa súa actividade, para resolver as dúbidas xurdidas no transcurso da avaliación contínua. Asimesmo deberá acudir ás probas que o docente considere imprescindibles.

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta.Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a ser avaliados mediante un exame final (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000