Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia contemporánea universal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Presentación e entrega, na data sinalada dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a presentación formal do mesmo. Para superar a materia será preciso obter, nesta proba, unha cualificación mínima de 1,5 puntos dun máximo de 3 puntos.
Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración de traballos básicos e de iniciación
30 D1
D3
D4
D8
D11
Seminario Selección, presentación, análise e crítica dos materiais traballados e capacidade para fomentar o debate, a discusión e a participación. Para superar a materia será preciso obter, nesta proba, unha cualificación mínima de 0,75 puntos dun máximo de 1,5 puntos

Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias.
Coñecemento da Historia europea nunha perspectiva comparada.
15 B2
C14
C20
D1
D3
D4
D11
Resolución de problemas de forma autónoma Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos indicados. . Para superar a materia será preciso obter, nesta proba, unha cualificación mínima de 0,25 puntos dun máximo de 0,5 puntos.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias.
Coñecemento da Historia europea nunha perspectiva comparada.
5 B2
C20
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Valoraranse os coñecementos teóricos da materia, a estruturación de ideas e a precisión e claridade expositiva a través de dúas probas de avaliación correspondentes, cadansúa, a cada un dos dous grandes temas-bloque do programa e que incluirán tanto probas de contido teórico como comentarios de textos, mapas e gráficas. Para superar dita probar será preciso acadar, cando menos, unha cualificación mínima de 2 puntos dun máximo de 4 puntos.

Os resultados de aprendizaje avalados son: Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia
Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias,
Coñecemento da Historia europea nunha perspectiva comparada.
40
Observación sistemática Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado, a través da realización das actividades e probas que conforman a programación da materia.
Para o seu control e imprescindible a entrega dunha ficha por parte do alumnado antes de rematar a primeira quincena do cuadrimestre.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración de traballos básicos e de iniciación.
10 D3
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado
deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a
avaliación continua. Así mesmo, deberá acudir e realizar as probas que o
profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos
seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo
electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e, no seu caso, o
seminario de informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto
(enlace en MooVi).

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial
poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de
teledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos
materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos
resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A
utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi
deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera
proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como
propias" (dle-rae).

Para todo o alumnado especificaranse en MooVi
as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de
entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento
individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a
partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de
acceso, realización de probas ou exercicios en liña, participación en foros, etc.).

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de "avaliación global" deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo). O alumnado que non poida acollerse
á avaliación continua, e o comunique no prazo fixado, examinarase de todo o programa
da materia, o cal deberá preparar a partir da bibliografía básica sinalada, mediante
unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e do resto das actividades
prácticas fixadas no curso, que suporán en conxunto un 30% da nota. Todas estas
probas, no caso de que así o requiran, deberán estar asignadas, como mínimo, un
mes antes da realización do exame oficial de cada convocatoria ou oportunidade e
entregaranse non máis aló da data de realización do mesmo en cada una destas.
En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción polo mencionado
art. 19.4), para superar a materia, requírese obter unha cualificación mínima
de 5 puntos sobre 10 tanto na parte teórica como en todas e cada unha das probas que
conforman a parte práctica.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000