Guia docente 2017_18
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia contemporánea universal
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Titoría en grupo Sesións dirixidas ao seguimento e orientación sobre o estudo de contidos, a preparación das actividades e probas de avaliación e a realización dos traballos en grupo. Dentro deste apartado contemplase a "Atención Personalizada" para a docencia non presencial.
Traballos de aula Actividades orientadas á resolución de exercicios prácticos na aula relacionados cos contidos introducidos nas sesións maxistrais que inclúan a resolución de comentarios e composicións de texto histórico, mapas históricos e análise e interpretación de materiais gráficos.
Traballo tutelado Traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado orientados ao achegamento aos instrumentos de recompilación de información e ás fontes propias da época contemporánea. Deberán estar asignados inexcusablemente antes do remate do primeiro mes do cuadrimestre.
Lección maxistral Explicación dos contidos da materia polo profesor
Eventos docentes y/o divulgativos Asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia
Seminario Traballo individual ou en grupos informais a partir de materiais de diversa natureza co obxectivo de afondar nunha selección de contidos de especial dificultade ou relevancia introducidos ou non nas sesións maxistrais, por medio de relatorios ou conferencias, etc.
Actividades introdutorias Sesións orientadas a presentar a materia, tomar contacto co alumnado e reunir información sobre as súas competencias, motivacións e intereses.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000