Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna universal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Presentación e análise crítica dos materiais traballados mediante a participación activa do alumno nos debates e discusións.
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias
10 A2
A3
C12
C20
C22
D1
D3
D11
Resolución de problemas Presentación e entrega, conforme os criterios establecidos, dos materiais elaborados nas sesións prácticas. Pode incluír a realización dalgún cuestionario.
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Análise dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes históricas e das interpretacións historiográficas
ii. Elaboración de traballos básicos e de iniciación
20 A2
A3
D1
D3
D11
Exame de preguntas obxectivas Os contidos impartidos nas leccións maxistrais avaliaranse mediante a realización de dúas probas (parciais). Inclúen unha serie de preguntas de resposta curta (proba A). Para superar a materia será necesario acadar unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 sumando as probas A (Exame de preguntas obxectivas) e B (Exame de preguntas de desenvolvemento).
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia
ii. Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias
iii. Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado
30 A1
B2
C14
C16
C20
C22
D1
D11
D15
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos impartidos nas leccións maxistrais avaliaranse mediante a realización de dous exercicios (parciais). Esta proba consiste na análise pormenorizada de varios documentos (en diversos formatos: textos, táboas, gráficas, mapas históricos, documentos iconográficos...) relacionados con contidos diferentes do temario (proba B). Para superar a materia será necesario acadar unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 sumando as probas B (Exame de preguntas de desenvolvemento) e A (Exame de preguntas obxectivas).
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia
ii. Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias
iii. Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado
30 A1
B2
C14
C16
C20
C22
D1
D11
D15
Observación sistemática Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado, a través da realización e presentación en tempo e forma das distintas tarefas establecidas nas sesións teóricas e prácticas, seminarios, titorías e outras actividades.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: elaboración de traballos básicos e resolución de problemas
10 A2
A5
C16
C22
D3
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo, deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e o seminario de informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (dle-rae).

Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de “avaliación global deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos/as que non poidan acollerse á avaliación continua (que esixe a entrega en tempo e forma da totalidade das tarefas) serán avaliados dos contidos da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que respresentará o 30% restante. Tal como se indica na descrición pormenorizada das probas, esta proba escrita constará de dúas partes: unha equivalente ao Exame de preguntas obxectivas (proba A), e outra  equivalente ao Exame de preguntas de desenvolvemento (proba B). Así mesmo, o devandito traballo deberá estar asinado, como mínimo, un mes antes da realización do exame oficial e entregarase coincidindo coa data fixada polo Centro para a realización do mesmo en cada convocatoria. En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción do mencionado art. 3.10), para superar a materia, requírese obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba escrita (contidos teóricos e prácticos, equivalentes ás probas A e B). 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000