Seminario |
Presentación e análise crítica dos materiais traballados mediante a participación activa do alumno nos debates e discusións.
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias |
7.5 |
A2 A3
|
|
C12 C20 C22
|
D1 D3 D11
|
Traballos de aula |
Presentación e entrega, conforme os criterios establecidos, dos materiais elaborados nas sesións prácticas.
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Elaboración de traballos básicos e de iniciación |
7.5 |
A2 A3
|
|
|
D1 D3 D11
|
Os/as estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios e liña, etc.).
O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.
Todos/as os/as alumnos/as matriculados/as na materia teñen dereito a realizar un exame final, no que serán avaliados/as dos contidos do programa (artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Os/as alumnos/as que non se podan acoller á avaliación continua (que esixe a entrega en tempo e forma de todas as tarefas), serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita na que se incluirán preguntas de desenvolvemento, así como preguntas de resposta curta e un exercicio práctico, que suporá o 70% da súa cualificación final. O 30% restante será completado a través dun traballo obrigatorio sobre os contidos do programa da materia. O devandito traballo deberá estar asignado, como mínimo, un mes antes da realización do exame oficial e entregarase coincidindo coa data fixada para a realización do mesmo en cada convocatoria. En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción do mencionado art. 12), para superar a materia, requírese obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba escrita (contidos teóricos e prácticos). |