Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna universal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral A avaliación farase mediante a realización de dúas probas que incluirán: preguntas de resposta longa ou desenvolvemento, algunhas de resposta curta e unha proba práctica.
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia
ii. Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias
iii. Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado
60 A1
B2
C14
C16
C20
C22
D1
D11
D15
Seminarios Presentación e análise crítica dos materiais traballados mediante a participación activa do alumno nos debates e discusións.
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias
7.5 A2
A3
C12
C20
C22
D1
D3
D11
Traballos tutelados Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme os criterios establecidos, dos traballos requiridos.
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso de fontes históricas e das interpretacións historiográficas
ii. Elaboración de traballos básicos e de iniciación
15 A3
B2
C14
C16
C20
C22
D1
D3
Traballos de aula Presentación e entrega, conforme os criterios establecidos, dos materiais elaborados nas sesións prácticas.
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Elaboración de traballos básicos e de iniciación
7.5 A2
A3
D1
D3
D11
Outros Participación activa do alumno nas clases e actividades presenciais (seminarios, prácticas, etc.), así como a entrega puntual dos traballos requiridos.
Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Compromiso coa ética e responsabilidade social como cidadán e profesional
10 A3
A5
D3
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os/as estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios e liña, etc.).


O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.


Todos/as os/as alumnos/as matriculados/as na materia teñen dereito a realizar o examen final, no que serán evaluados/as dos contidos do programa (artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Os/as alumnos/as que non se poidan acoller á modalidade presencial, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita na que se incluirán preguntas teóricas ou de desenvolvemento relativas ós conceptos básicos da mesma, xunto cunha pregunta práctica, que suporá o 70% da súa cualificación final. O 30% restante será completado a través dun traballo obrigatorio sobre os contidos do programa da materia, a convir co docente, que os/as alumnos/as deberán entregar como data límite na fixada para a realización da mentada proba escrita.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000