Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia: Metodoloxía da historia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral A avaliación farase mediante a realización de dúas probas. Cada unha delas inclúe preguntas teóricas ou de desenvolvemento sobre os contidos e conceptos básicos da materia, así como unha proba ou probas prácticas. Para superar a materia será preciso acadar en cada unha de ditas probas unha cualificación de 5 puntos.

Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Coñecemento e utilización dos conceptos técnicos e o vocabulario básico para entender os procesos históricos
ii. Coñecemento dos métodos para o estudo da estrutura diacrónica dos procesos históricos
50 A1
A3
B3
D1
Prácticas en aulas de informática A avaliación realizarase mediante a elaboración dun informe, dossier ou memoria de prácticas.

Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Formación para interpretar adecuadamente as sociedades do pasado
5 A3
B3
B6
C23
D1
D5
Prácticas externas A avaliación farase mediante a elaboración e entrega dun informe ou memoria de prácticas.

Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Formación para interpretar adecuadamente as sociedades do pasado
5 A3
B3
B6
C23
D1
D5
Traballos tutelados Elaboración, montaxe e entrega dun traballo persoal de investigación histórica a partir da lectura e análises de fontes documentais.

Os resultados da aprendizaxe que serán obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Coñecemento dos métodos para o estudo da estrutura diacrónica dos procesos históricos
30 A2
A3
B3
B6
C17
C23
D5
Probas de autoavaliación Valoración do traballo autónomo do alumnado mediante a realización de cuestionarios sobre os contidos da materia a través de Moodle.
Os resultados dos procesos da aprendizaxe que serám obxecto de avaliación neste apartado son:
i. Coñecemento dos métodos para o estudo da estrutura diacrónica dos procesos históricos
ii. Formación para interpretar adecuadamente as sociedades do pasado
10 A2
A5
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os/as estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisiciójn das competnecias e consecucion dos resulados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma procentaxe de nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.

Todos/as os/as estudantes matriculados/as na materia teñen dereito a ser avaliados/as mediante un exame final (artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Os/as alumnos/as que non se poidan acoller á modalidade presencial, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita na que se incluirán preguntas teóricas ou de desenvolvemento relativas ós conceptos e contidos básicos da mesma, xunto cunha pregunta práctica, que suporá o 70% da súa cualificación final. O 30% restante será completado a través dun traballo obrigatorio sobre os contidos do programa da materia, a convir co docente, que os/as alumnos/as deberán entregar como data límite na fixada para a realización da mentada proba escrita.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000