Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Paleografía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado a traves da realización de exercicios de transcrición e datación documental en Moovi.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto. Elaboración e presentación oral e escrita de traballos monográficos individuais ou colectivos baseados en fontes e bibliografía específica.
10 A4
A5
B6
C17
C18
C23
D2
D6
D7
D11
D14
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumnado deberá resolver e explicar exercicios sobre datación documental.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes e interpretacións historiográficas.
25 A4
B3
B6
C17
C18
D1
D2
D5
D7
D11
D14
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumnado deberá resolver e explicar exercicios sobre desenvolvemento de abreviaturas realizados sobre fontes manuscritas.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes e interpretacións historiográficas.
25 A4
B3
B6
C17
C18
D1
D2
D5
D9
D11
D14
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba na que o alumnado deberá datar, rexestar e transcribir un documento manuscrito.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto.
40 A5
B6
C17
C23
D2
D5
D9
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

     O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade
necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o
profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos
seguintes recursos: Curso virtual en MooVi e correo
electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e o seminario de
informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en
Moovi).


    Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir
a materia a través do Curso Virtual Moovi (UVigo), que permitirá o acceso aos materiais precisos para a
adquisición das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe,
tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A
utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi
deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera
proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias"
(DLE-RAE).

   Para
todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes e as
actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou
remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da
participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das
ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso,
realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

   Todo
o alumnado matriculado na materia ten dereito a dispor como alternativa de probas de avaliación global (artigo
64.g dos Estatutos da Universidade de Vigo). Aqueles estudantes que non se
acollan á avaliación continua, serán avaliados dos contidos do programa da
materia mediante unha proba na que deberán datar, rexestar e transcribir un
documento manuscrito (50% da nota final) e outra na que terán que resolver e
explicar  exercicios sobre datación
documental e transcrición de abreviaturas sobre fontes manuscritas (50% da nota
final).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000