Guia docente 2017_18
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Paleografía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta O alumnado deberá resolver e explicar exercicios sobre datación documental e desenvolvemento de abreviaturas realizados sobre fontes manuscritas.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes e interpretacións historiográficas.
40 B3
C17
D1
D2
D5
D7
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O alumnado deberá datar, rexestar e transcribir un documento manuscrito.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto
50 A5
B6
C17
C23
D2
D5
D9
D14
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado, a través da realización e presentación de tarefas de búsqueda, normas de edición e elaboración de índices sobre fontes manuscritas.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación oral e escrita de traballos monográficos individuais ou colectivos baseados en fontes e bibliografía específicas.
10 A4
B6
C17
C18
D2
D6
D11
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que se acollan á
modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na
plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o
acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución
dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos.
Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto
co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente
establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por
outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento
individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das
ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso,
realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

O estudante deberá cumprir os
requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua.
Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como
imprescindibles.



Todos os
estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais
(Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles
alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, serán avaliados dos
contidos do programa da materia mediante unha proba práctica de execución de tarefas reais na que o alumnado deberá datar, rexestar e transcribir un documento manuscrito (50% da nota final) e unha proba de resposta curta na que deberá resolver e explicar exercicios sobre datación documental, desenvolvemento de abreviaturas e normas de edición realizados sobre fontes manuscritas (50% da nota final).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000