Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Paleografía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposicións nas que se familiarizará ao alumnado coas principais características gráficas, sistemas abreviativos, normas de edición e sistemas de datación documental da escritura latina.
Obradoiro Actividades en grupo nas que se realizarán prácticas de lectura, transcrición, datación, edición e elaboración de índices sobre documentación manuscrita pertencente aos distintos ciclos da escritura latina.
Eventos científicos Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia.
Prácticas con apoio das TIC Traballo autónomo do alumnado a través da realización de exercicios de transcrición e datación documental (Moovi-UVigo).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000