Autoavaliación |
Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado mediante a súa participación na realización e presentación de tarefas propostas na plataforma moodle .
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia.
Coñecemento dos conceptos principais da Historia xeral ou universal. |
10 |
|
|
C20
|
D11
|
Traballo |
Avaliaranse os coñecementos teóricos adquiridos polo alumnado na realización e estruturación do traballo así como a súa capacidade de exposición.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Elaboración de traballos básicos e de iniciación. |
30 |
|
B5
|
|
D2 D4
|
Os estudantes que se acollan á
modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na
plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o
acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución
dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contido teóricos como prácticos. Especificaranse
as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de
entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades
que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder
á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do
alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma
(participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en
liña, etc.). O estudante deberá cumprir os
requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua.
Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles
Todos os
estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais
(Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles
alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán
preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán
realizar obrigatoriamente un traballo práctico ou bibliográfico
relacionado coa materia, o cal será comunicado ao profesor responsable
con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data
do exame final. Dito exame constará dunha proba de resposta curta e un comentario de texto. A nota final repartirase entre as tres probas do xeito seguinte: proba de resposta curta: 40%; comentario de texto: 30%; traballo: 30%. |