Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia medieval universal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba destinada a comprobar os coñecementos e habilidades adquiridas polo alumnado no desenvolvemento da materia, consistente nun exame con cuestións de longa resposta. Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia.
Coñecemento dos conceptos principais da Historia xeral ou universal.
Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias.
40 B2
C14
C16
C22
D7
Probas de autoavaliación Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado, a través da realización e presentación de tarefas propostas na plataforma moodle mediante a súa participación nas ditas tarefas.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia.
Coñecemento dos conceptos principais da Historia xeral ou universal.
10 C20
D11
Traballos e proxectos Avaliaranse os coñecementos teóricos adquiridos polo alumnado na realización e estruturación do traballo así como a súa capacidade de exposición.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Elaboración de traballos básicos e de iniciación.
30 B5
D2
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliaranse os coñecementos e destrezas adquiridos polo alumnado nos seminarios sobre exposicións, comentarios, etc.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e á súa contorna.
20 C12
C13
D8
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que se acollan á
modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na
plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o
acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución
dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contido teóricos como prácticos. Especificaranse
as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de
entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades
que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder
á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do
alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma
(participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en
liña, etc.).

O estudante deberá cumprir os
requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua.
Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles



Todos os
estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais
(Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles
alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán
preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán
realizar obrigatoriamente un traballo práctico ou bibliográfico
relacionado coa materia, o cal será comunicado ao profesor responsable
con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data
do exame final. Este último suporá o 70% da nota final (Desenvolvemento
dun tema  ou pregunta amplia: 40%, e un comentario de texto: 30%) e o
traballo práctico o 30%.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000