Guia docente 2017_18
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga universal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Esta proba escrita está unida a de resposta curta. A través dela se valorará o coñecemento o contido adquirido das sesións maxistrais expostas na aula e/ou do material subido á plataforma, tanto de carácter teórico como práctico.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento dos conceptos principais da Historia xeral ou universal.
35 B2
C16
C20
C22
D4
Seminario Análises e comentarios críticos das fontes que proporcionan o coñecemento da historia antiga: textos, iconografía e material arqueolóxico. Poderá completarse cun análise crítico dalgún documental visionado na aula e/ou subido á plataforma.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia.
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
10 C12
C20
D3
D4
Traballo tutelado Un traballo individual ou en grupo (máximo dúas persoas), no que se analice un aspecto da relixión, a elixir entre Exipto ou Grecia. O tema concreto poderá escollerse dun listado ou propoñelo directamente. Preferiblemente se exporá, senón, xustificadamente, poderá ser presentado por escrito. En calquera caso entregarase en formato electrónico (PDF ou Power Point) a través de FaiTic.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento dos conceptos principais da Historia xeral ou universal.
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
25 B2
B5
C12
C22
D3
Presentacións/exposicións As presentacións e exposicións relaciónanse co traballo tutelado, relativo a un aspecto significativo da relixión e será exposto na aula ou a través de e-Meeting.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento dos conceptos principais da Historia xeral ou universal.
Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia.
5 B2
C16
D3
D4
Probas de resposta curta Esta proba escrita está unida á da Sesión maxistral. Consistirá en preguntas concretas sobre a temática exposta na aula e/ou subida á plataforma, tanto de carácter teórico como práctico.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento dos conceptos princiapais da Historia xeral ou universal.
Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia.
15 B2
C16
C20
D4
Probas de autoavaliación Valoración do traballo autónomo do alumnado mediante a realización de cuestionarios sobre os contidos da materia a través de Moodle e a realización dunha biografía dun persoaxe salientable. Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos conceptos principais da Historia xeral ou universal 10 B2
C16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para superar a materia é imprescincible acadar a cualificación de 5 entre a proba de sesión maxistral e de resposta curta.

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma
de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das
competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos.
Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou
remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que
permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC
farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou
exercicios en liña, etc.).
O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo
deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do regulamento de
Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, serán avaliados dos
contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que
representará un 30% desta.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000