Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga universal
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral TODO O ALUMNADO: O material docente empregado na aula será subido con antelación á plataforma de teledocencia, así como outros documentos con contidos teóricos que faciliten a comprensión do temario impartido.
ALUMNADO PRESENCIAL: Exposicións da docente dos aspectos máis relevantes dos contidos estruturados en temas e subtemas. As explicacións teóricas sempre estarán apoiadas en material gráfico e en textos relativos á Antigüidade.
Seminarios TODO O ALUMNADO: analizar de xeito individual o material práctico subido a plataforma, na súa maioría textos clásicos que fan referencia á teoría impartida.
ALUMNADO PRESENCIAL: Trátase de realizar un debate sobre o texto, analizando esa fonte primaria. Así mesmo, deberán entregar un resumo das conclusións acadadas antes do mencionado debate.
ALUMNADO SEMIPRESENCIAL: A reflexión farase por escrito, utilizando o material teórico subido á plataforma. As dúbidas poden ser consultadas polas vías explícitas no apartado de atención personalizada. Máxima extensión dúas carillas A4.
Titoría en grupo TODO O ALUMNADO: Aclaración de dúbidas sobre a materia, tanto daquelas relacionadas ca teoría, como cas diversas prácticas (seminarios, traballos tutelados).
Traballos tutelados TODO O ALUMNADO:
1. A escoller un tema relacionado cos aspectos da relixión de Exipto ou Grecia.
2. Ensaio breve sobre personaxes destacados nesas culturas da Antigüidade
Eventos docentes e/ou divulgativos ALUMNADO PRESENCIAL: Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o departamento de Historia, Arte e Xeografía e/ou a Facultade de Historia.
ALUMNADO SEMIPRESENCIAL: Se ben a asistencia a esta actividade non é obrigatoria, sería recomendable se houbese a posibilidade de asistir a toda ou a parte.
Actividades introdutorias TODO O ALUMNADO: Realización dun cuestionario (subido á plataforma) para autoavaliar os coñecementos previos sobre a Historia Antiga.
ALUMNADO PRESENCIAL: Debate na aula sobre os coñecementos previos sobre a Historia Antiga e aclaración dos aspectos básicos.
ALUMNADO SEMPRESENCIAL: Debate en e-meeting sobre os coñecementos previos sobre a Historia Antiga e aclaración dos aspectos básicos.
Presentacións/exposicións TODO O ALUMNADO:
-O traballo tutelado 1 pode escollerse do listado subido á plataforma ou a proposta do/a estudante. Entregarase na plataforma ou via emal en formato PDF e subido ou Power Point. Máxima extensión: 6 carillas, incluindo as imaxes.
-O traballo tutelado 2 será seleccionado no mesmo sistema que no 1. E pode ser realizado por 1 ou 2 persoas. O traballo será entregado polos canles habituais en formato PDF ou en Power Point.
ALUMNADO PRESENCIAL: O traballo expoñerase na aula en aproximadamente 15 minutos.
ALUMNADO SEMIPRESENCIAL: De ser posible o O traballo expoñerase na aula virtual e-meeting en aproximadamente 15 minutos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000