Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga universal
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposicións dos aspectos máis relevantes dos contidos estruturados en temas e subtemas. As explicacións teóricas sempre estarán apoiadas en material gráfico e en textos relativos a Antigüidade
Seminarios Os/as estudantes analiza de xeito individual o material entregado previamente, na maior parte dos casos serán textos antigos que fagan referencia a teoría impartida nas sesións maxistrais. Trátase de realizar un debate sobre o mesmo, analizando esa fonte primaria. Así mesmo, deberán entregar un resumo das conclusiones acadadas antes do mencionado debate.
Titoría en grupo Aclaración de dúbidas sobre a materia, principalmente daquelas relacionadas co traballo
individual e en grupo e coas análises dos textos literarios.
Traballos tutelados A. En grupo: máximo dúas personas, a escoller un tema relacionado cos aspectos da relixión de
Exipto ou Grecia.
B. Individual: Ensaio breve sobre personaxes singukaresnesas culturas da Antigüidade
Eventos docentes e/ou divulgativos Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia.
Presentacións/exposicións Un dos/as estudantes do traballo en grupo (a elección da docente) o expoñerá en aproximadamente 15 minutos.. O traballo individual se entregará en formato power point ou pdf.
Resolución de problemas e/ou exercicios Esta actividade está relacionada cos Seminarios, xa que deberán resolver a temática global á que se alude (título) e esquematizar os aspectos fundamentais
Actividades introdutorias Exposición e debate sobre os coñecementos previos dos/as estudantes sobre o temario a expoñer
e aclaración dos aspectos básicos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000