Guia docente 2016_17
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia: Fontes de información en humanidades
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesións de aula encamiñadas a tomar contacto co alumnado, presentar a materia e coñecer as súas competencias, motivacións e intereses.
Sesión maxistral Exposicións introdutorias nas que se familiarizará o alumnado coas principais fontes de información, a súa valoración crítica, os recursos de recompilación existentes e a utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas.
Eventos docentes e/ou divulgativos Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia.
Obradoiros Prácticas na aula de informática nas que se utilizarán os recursos electrónicos de selección de información e os estilos e xestores de referencias bibliográficas para elaborar o deseño dun itinerario cultural por Ourense.
Titoría en grupo Nas titorías en grupo resolveranse dúbidas sobre os contidos da materia e a metodoloxía utilizada para a realización dos exercicios e tarefas.
Traballos tutelados Actividades en grupo nas que se tutelará a realización dun proxecto consistente no deseño dun itinerario cultural por Ourense.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000