Guia docente 2015_16
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Espazos e sociedades
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento O alumnado realizará probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema ou situación plantexados para organizar, relacionar e presentar os coñecementos da materia nunha estrutura extensa.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento e análise da realidade xeográfica en escalas espazo-temporais global, europea e local, comunicando a reflexión sobre a mesma nos termos e procedementos xeográficos adecuados; Comprensión dos fenómenos xeográficos como manifestación de relacións complexas entre variables físicas, humanas e socio-económicas.
60 B1
C3
C4
D1
D4
D7
D16
Traballos e proxectos O alumnado presentará os resultados obtidos (documentación e defensa) sobre o desenvolvemento dunha temática da materia nun aspecto aplicado (inclúe avaliación do uso das TICs).
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento e capacitación para a selección, manexo e tratamento da información e datos xeográficos nun contexto disciplinar e multi-disciplinar; Habilidade para a realización de traballo, utilizando técnicas de carácter cualitativo e cuantitativo, e posta en valor para a diversidade e benestar social.
30 B3
C6
C8
D1
D4
D5
D9
D11
D15
Outras O alumnado ten que participar de maneira activa nas actividades e os eventos programados.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento e capacitación para a selección, manexo e tratamento da información e datos xeográficos nun contexto disciplinar e multi-disciplinar.
10 A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).
O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/s docente/s dispoñan como imprescindibles.
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante una proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000