Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Prehistoria universal
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Os contidos das sesións maxistrais e seminarios serán avaliados mediante proba de resposta longa. Eventualmente poderán realizarse probas de resposta curta sobre temas específicos. 60
Traballos e proxectos Entregarase un ensaio escrito sobre a lectura dun texto, análise do seu contido e crítica, e será exposto nunha actividade presencial realizada na aula. 30
Outras En todas as actividades e probas que conforman a programación valorarase a participación
do alumnado.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que
se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do
Curso Virtual na plataforma de teledoncenci Moodle, da Universidade de Vigo,
que permitirán acceso aos materiais precisos para adquisición das competencias
e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos
como prácticos. Se especificarán as metodoloxías docentes, as actividades de
avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará
claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán
substituídas por outras que permitan poder acceder ao mesmo porcentaxe da nota.
O seguemento individualizado da participación do alumno a través da TIC será
feito a partir das ferramentas propias da plataforma (participación,
estadísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc..). O
estudante deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade, asistindo ás
titorías, que serán fixadas nun horario compatible coa súa actividade, para
resolver as dúbidas xurdidas no transcurso da avaliación contínua. Asimesmo
deberá acudir ás probas que o docente considere imprescindibles.






















Todos os
estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar exames finais
(Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles
alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos
contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da
nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000