Guia docente 2023_24
Facultad de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Prehistoria universal
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as Administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas as actividades docentes (leccións maxistrais, prácticas de resolución de exercicios, preparación de traballos…) manteranse mediante a utilización combinada de Moovi e Campus Remoto.

* Metodoloxías docentes que se modifican
As saídas de campo que non poidan realizarse, substituiranse por visitas virtuais utilizando os recursos online que ofrecen organismos públicos, empresas, institucións culturais, etc.
Os eventos científicos que aínda non se celebraron, substituiranse por conferencias ou eventos dispoñibles en vídeo.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
A atención personalizada realizarase mediante a utilización combinada de Moovi (foros, corrección comentada de tarefas…) e do Campus Remoto (titorías persoais e en grupo).

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se modificarán os contidos.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Para facilitar o acceso online á bibliografía o profesorado ampliou no posible as referencias a recursos electrónicos e dixitalizados.
O alumnado ten á súa disposición todo o material elaborado polo profesor e utilizado nas aulas.

* Outras modificacións
Non se realizarán outras modificacións.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Consérvanse as probas e porcentaxes de avaliación da materia.

* Información adicional
Os exames realizaranse a través das aulas do Campus Remoto e das actividades, ferramentas e recursos de Moovi.
Cando sexa necesario utilizar materiais específicos para realizar as probas, estes poderán proxectarse na aula virtual do Campus Remoto e/ou descargarse a través dunha tarefa en Moovi.
A entrega dos exames realizarase tamén, sempre que sexa posible, a través dunha tarefa en Moovi. De existiren problemas técnicos insalvables, poderanse utilizar como vías alternativas o correo electrónico ou unha fotografía da proba enviada a través dun móbil.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000