Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Teoría e método da arqueoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Os contidos expostos nas sesións maxistrais serán avaliados mediante unha proba escrita de resposta curta (exame tipo test).
Haberá dous exames parciais amáis do exame final de cada convocatoria
50
Outras Asistencia ás clases presenciais e avaliación cualitativa do grao de participación nas mesmas. 10
Informes/memorias de prácticas As prácticas de laboratorio serán avaliadas mediante a entrega dun relatorio ou memoria de prácticas. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, incluíndo especialmente os resultados dos exercicios prácticos realizados. 30
Estudo de casos/análise de situacións Actividades en grupo reducido sobre temas específicos e concretos serán avaliadas mediante a entrega de exercicios (comentarios de texto, análises estratigráficas, etc). 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Se especificarán as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan poder acceder ao mesmo porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC será feito a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña etc...).
O estudante deberá cumplir os requisitos mínimos de presencialidade, asistindo ás titorías, que serán fixadas nun horario compatible coa súa actividade, para resolver as dúbidas xurdidas no transcurso da avaliación contínua. Asimesmo deberá acudir ás probas que o docente considere imprescindibles, que neste caso serán os exames escritos, parciais e/ou final, da materia.

Todo o alumnado ten dereito a ser avaliado mediante unha proba de avaliación final, consistente nun exame dos contidos da sesión maxistral (50%), nunha proba de estudo de caso de avaliación do seminario (10%) e mais na entrega dun relatorio/memoria de prácticas (30%) ou ben traballo alternativo equivalente a acordar co profesor. Tamén se contabilizará a asistencia ás clases e actividades prácticas (10%), tanto sexa no modo presencial como semipresencial.  


Para aprobar a materia (e facer media ponderada coa avaliación das prácticas) é preciso obter no exame unha nota igual ou superior ós 4 puntos. Tamén será preciso ter presentado alomenos un tercio das actividades prácticas.

Idénticas condicións rexen para a segunda convocatoria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000