Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Arte: Arte clásica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral
A sesión maxistral será avaliada mediante unha proba escrita de resposta longa.
60
Traballos tutelados Os traballos de grupo serán expostos por un representante do mesmo, estando suxeitos todos os integrantes a satisfacer as preguntas e dúbidas dos alumnos/as nun debate final. A cualificación será igual para todos os membros do grupo. 30
Outras En todas as actividades e probas que conforman a programación valorarase a participación do alumnado. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledoncenci Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirán acceso aos materiais precisos para adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Se especificarán as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan poder acceder ao mesmo porcentaxe da nota. O seguemento individualizado da participación do alumno a través da TIC será feito a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estadísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc..). O estudante deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade, asistindo ás titorías, que serán fixadas nun horario compatible coa súa actividade, para resolver as dúbidas xurdidas no transcurso da avaliación contínua. Asimesmo deberá acudir ás probas que o docente considere imprescindibles.

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000