Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Arte: Arte clásica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Presentación na aula, mediante a exposición maxistral, dos principais contidos teóricos e conceptos fundamentais da materia.
Seminarios Traballos na aula co obxectivo de profundar nos temas abordados nas sesións maxistrais.
Reservaranse dúas horas para a asistencia á actividades de temática transversal organizadas dende a Facultade de Historia, de xeito que computan nas actividades dirixidas.
Titoría en grupo Seguimento e orientación na execución dos traballos a realizar polos alumnos/as.
Traballos tutelados Execución dun traballo en grupo derivado dunha selección dos fondos e coleccións museísticas ou sobre outros aspectos relacionados co contido da materia, para a súa exposición final.
Actividades introdutorias Actividades previas orientadas á presentación e coñecemento do desenvolvemento da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000